Pedro Otero Sestelo, nado en Redondela e finado na mesma vila o 5 de decembro de 1936El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 9., foi un farmacéutico e político galego
Traxectoria Fillo de Pedro Otero Milleiro. Foi elixido alcalde de Redondela en abril de 1931 e dimitiu do cargo en agosto de 1932 ao ser nomeado farmacéutico municipal. Foi nomeado xestor da Deputación de Pontevedra en xuño de 1931 e volveu ser nomeado xestor da Deputación en febreiro de 1934. Foi o presidente fundador do equipo de fútbol Redondela F. C.
Vida persoal Casou con Carmen Rey Belle e foi pai de Pedro Otero Rey.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Redondela Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido