A dos peneidos (Penaeidae) é unha familia de crustáceos da orde dos decápodos que inclúe, entre outras, varias especies de importancia económica, como a gamba xigante (Penaeus monodon), a gamba de patas brancas (Litopenaeus vannamei), a gamba branca do Atlántico (Litopenaeus setiferus), a gamba branca (Parapenaeus longirostris) e a gamba da India (Fenneropenaeus indicus).

Estas gambas son obxecto de intensa pesca comercial e tamén produtos da acuicultura en ambientes mariños e dulciacuícolas.

Características Presentan un rostro ben desenvolvido e dentado, que se estende até máis alá dos pedúnculos dos ollos; casaca con sucos cervicais curtos, que non chegan á liña media dorsal; últimos dous pares de pereiópodos ben desenvolvidos; terceiro e cuarto pares de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos dos machos transformados nun apéndice copulador masculino; telson afiado e unha única artrobranquia ben desenvolvida no penúltimo segmento do tórax.Carpenter, Kent E. (2002): Penaeidae en The Living Marine Resources of the Western Central Atlantic, Volume 1 "Introduction, molluscs, crustaceans, hagfishes, sharks, batoid fishes and chimaeras". FAO.

Teñen podobranquias no segundo par de maxilípedos e unha escama antenular interna."Història Natural dels Països Catalans";Enciclopèdia Catalana, Vol 9, "Artròpodes I", pp. 343.

Algunhas especies presentan órganos sensoriais sobre as antenas, a maneira de liña lateral.Denton, E. J. and John Gray (1985): "Lateral-line-like antennae of certain of the Penaeidea (Crustacea, Decapoda, Natantia)", Proceedings of the Royal Society B 226 (1244): 249–261

As neuronas xigantes mielinizadas dos peneidos peláxicos teñen o récord mundial de velocidade de condución do impulso con respecto a calquera outro animal, 210 m/s (756 km/h).Hsu K. e Terakawa S. (1998): "Fenestration in the myelin sheath of nerve fibers of the shrimp: A novel node of excitation for saltatory conduction", Journal of Neurobiology 30 (3): 397–409

Xéneros actuais Describíronse 48 xéneros na familia dos peneidos, 23 dos cales só con representantes fósiles.Penaeidae Rafinesque, 1815 no SIIT. Grave, Samy De et al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" , Raffles Bulletin of Zoology 21: 1–109. miniatura|200px|Litopenaeus stylirostris. miniatura|200px|Parapenaeus longirostris. miniatura|200px|Penaeus japonicus.

Artemesia Bate, 1888 Atypopenaeus Alcock, 1905 Farfantepenaeus Burukovsky, 1997 Fenneropenaeus Pérez Farfante, 1969 Funchalia Johnson, 1868 Heteropenaeus De Man, 1896 Litopenaeus Pérez Farfante, 1969 Macropetasma Stebbing, 1914 Marsupenaeus Tirmizi, 1971 Megokris Pérez Farfante & Kensley, 1997 Melicertus Rafinesque, 1814 Metapenaeopsis Bouvier, 1905 Metapenaeus Wood-Mason & Alcock, 1891 Parapenaeopsis Alcock, 1901 Parapenaeus Smith, 1885 Pelagopenaeus Pérez Farfante & Kensley, 1997 Penaeopsis Bate, 1881 Penaeus Fabricius, 1798 Protrachypene Burkenroad, 1934 Rimapenaeus Pérez Farfante & Kensley, 1997 Tanypenaeus Pérez Farfante, 1972 Trachypenaeopsis Burkenroad, 1934 Trachypenaeus Alcock, 1901 Trachysalambria Burkenroad, 1934 Xiphopenaeus Smith, 1869

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.]

Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos

Ligazóns externas Penaeidae en Encyclopedia of Life

Categoría:Dendrobranquiados