Este artigo trata sobre a especie "Carum carvi", para a outra especie tamén chamada carvea véxase artigo "Rumex crispus".
A carveaNome vulgar galego n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 (Carum carvi), é unha planta anual da familia umbelífera (Apiaceae) , alta, de raíz fusiforme, talos cadrados e ramudos, flor escura e moita semente, que estraga os pradosDefinición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999. É nativa de Europa, Asia Occidental e África do norte. Recibe tamén os nomes comúns galegos de carvés e carvén. Formas menos recomendábeis son cardea e cardén Pódense ver tamén os sinónimos e as formas non recomendadas..
Descrición Planta semellante, en aparencia, á cenoira con follas verde brillante finamente divididas e de aspecto plumoso. Medra entre 15–40 cm (en ningún caso acada o metro de altura). O talo floral mide entre 40–60 cm de altura con pequenas flores brancas que xorden en umbelas. Os froitos son aquenios de forma elipsoide de 3 a 6 mm de longo, con 5 pálidos sucos lonxitudinais. A raíz desta planta ten un sabor aromático que lembra o apio ou a cenoira.
Etimoloxía Romanos e gregos antigos non adoitaban empresar a carvea. O termo carvea (en castelán alcaravea, en portugués alcaravia e en inglés caraway) é unha verba de orixe árabe, acreditada na Península Ibérica dende 1400. En castelán tamén recibe o nome de comino de los prados e en portugués cominho-armênio. Carl von Linné púxolle o nome de Carum carvi, repetindo en realidade dúas veces a palabra, como é frecuente en botánica, para poder ir designando distintas especies de Carum. Martín Sarmiento xa falaba desta planta nos seus escritos do século XVIIIMartín Sarmiento (1754-1758): Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1986).
Usos miniatura|240px|Sementes de carvea. miniatura|240px|Vista da planta miniatura|240px|Inflorescencia Os froitos ou sementes enteiras teñen un sabor picante, cun recendo que lembra ao do anís, contén entre un 10% de aceite esencial, principalmente carvona e limoneno. Adóitase empregar coma condimento alimentario, no norte de Europa emprégase para aromatizar queixos: como o Tilsit e o Havarti dinamarqueses e mailo Milbenkäse alemán. Na cociña española do século XVII menciónase repetidas veces o uso da carvea con col cocidaLa Lozana Andaluza, F. Delicado, 1985, pax. 177-178 á que se engadían patacas cocidas.
É un dos ingredientes do curry.
Na industria emprégase para aromatizar, xabróns, Locións e xaropes.
Propiedades medicinais A farmacopea latinizou a verba árabe caravea —tirándolle o artigo “al-” como é usual— convertíndoa en -carvus. En medicina e farmacopea fálase “semen carvi”, para se referir á semente, “oleum carvi”, para se referir á esencia, e de “aqua et spiritus carvi”, para se referir á súa tintura.
Actúa como procinético estimulando o tránsito intestinal e con isto mellora síntomas dispépticos ou de indixestión.Stephen J. McPhee, Maxine A. Papadakis; Diagnóstico Clínico y Tratamiento, 50° Ed.; McGraw-Hill Interamericana; México; 2012 p. 524. Diminúe a formación de gases intestinais. Galactóxeno.
O aceite esencial produce un efecto aperitivo, eupéptico, carminativo, espasmolítico, colagogo, antiséptico, funxicida (máis potente cá nistatina), mucolítico, expectorante e galactogoga.
Indicado para falla de apetito, flatulencia, síndrome de Roemheld, espasmos gastrointestinais, dispepsias hiposecretoras, disquinesias hepatobiliares, gastroenterite. Bronquite, enfisema, asma. En uso tópico: dermatomicose, otite, limpeza de feridas, ulceracións dérmicas, e queimaduras.
Taxonomía Carum carvi foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 263. 1753. Sinonimia Carum gracile Lindl. Carum rosellum Woronow Bunium carvi (L.) M.Bieb. (1808) Carum aromaticum Salisb. Carum decussatum Gilib. Carum gracile Lindl. Carum officinale Gray Carum rosellum Woronow Carum velenovskyi Rohlena Carvi careum Bubani Falcaria carvifolia C.A.Mey. Foeniculum carvi (L.) Link Karos carvi Nieuwl. & Lunell Lagoecia cuminoides Soy.-Will. Ligusticum carvi Roth Pimpinella carvi Jess. Selinum carvi E.H.L.Krause Seseli carum Scop. Seseli carvi Spreng. Sium carum F.H.Wigg. Sium carvi Bernh.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Abrams, L. 1951. Geraniums to Figworts. Ill. Fl. Pacific States 3: 866 pp. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i-lxiv, 1-1632. Flora of China Editorial Committee, Addendum, 200?. Fl. China ,Checklist Addendum. Flora of China Editorial Committee, 2005. Fl. China Vol. 14. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3) vol. 2. 655 pp. Gleason, H. A. & A. Cronquist 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i-lxxv, 1-910. e Great Plains Flora Association 1986. Fl. Great Plains i-vii, 1-1392. Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson 1961. Saxifragaceae to Ericaceae. Vasc. Pl. Pacific N.W. Part III. 614 pp.. Molina R., A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Moss, E. H. 1983. Fl. Alberta (ed. 2) i-xii, 1-687. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i-lxi, 1–1183. Scoggan, H. J. 1979. Dicotyledoneae (Loasaceae to Compositae). Fl. Canada Part 4. 1117–1711 pp.. Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724. Ligazóns externas
Categoría:Especias Categoría:Carum Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné