Émilie "Lily" Chauchoin, nada en París (Francia) o 13 de setembro de 1903 e finada en Barbados o 30 de xullo de 1996, foi unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense, máis coñececida como Claudette Colbert.
Traxectoria Nada nun suburbio de París, os seus pais mudáronse a Nova York en 1906 en busca de traballo. Seis anos despois a familia adquiriu a nacionalidade estadounidense.
A pesar de actuar nalgunhas obras teatrais, Colbert desexaba dedicarse á pintura. Non obstante, seguiu facendo papeis en Broadway. O produtor teatral Leland Hayward viuna actuar e suxeriu o seu nome para a protagonista do filme For the Love of Mike.
En 1928 asinou un contrato con Paramount Pictures, participando en películas con Maurice Chevalier, Fredric March ou Ginger Rogers. En 1934 gañou o Óscar á mellor actriz por It Happened One Night, de Frank Capra. Catro anos máis tarde era a actriz mellor pagada de Hollywood.
Nos anos cincuenta comezou a traballar na televisión e volveu ao teatro, gañando un premio Tony.
Finou en 1996 na súa residencia de Barbados.
Filmografía Ano Filme 1927 For the Love of Mike1929 The Hole in the Wall 1929 The Lady Lies 1930 Young Man of Manhattan 1930 The Big Pond (versión francesa) 1930 Manslaughter 1930 Mysterious Mr. Parkes (versión francesa de Slightly Scarlet) 1931 Honor Among Lovers 1931 The Smiling Lieutenant 1931 Secrets of a Secretary 1931 His Woman 1932 The Wiser Sex 1932 Misleading Lady 1932 The Man from Yesterday 1932 The Phantom President 1932 The Sign of the Cross 1933 Tonight Is Ours 1933 I Cover the Waterfront 1933 Three-Cornered Moon 1933 Torch Singer 1934 Four Frightened People 1934 It Happened One Night 1934 Cleopatra 1934 Imitation of Life 1935 The Gilded Lily 1935 Private Worlds 1935 She Married Her Boss 1935 The Bride Comes Home 1936 Under Two Flags 1937 Maid of Salem 1937 I Met Him in Paris 1937 Tovarich 1938 Bluebeard’s Eighth Wife 1939 Zaza 1939 Midnight 1939 It’s a Wonderful World 1939 Drums Along the Mohawk 1940 Boom Town 1940 Arise, My Love 1941 Skylark 1941 Remember the Day 1942 The Palm Beach Story 1943 No Time for Love 1943 So Proudly We Hail! 1944 Since You Went Away 1944 Practically Yours 1945 Guest Wife 1946 Tomorrow Is Forever 1946 Without Reservations 1946 The Secret Heart 1947 The Egg and I 1948 Sleep, My Love 1949 Family Honeymoon 1949 Bride for Sale 1950 Three Came Home 1950 The Secret Fury 1951 Thunder on the Hill 1951 Let’s Make It Legal 1952 The Planter’s Wife / Outpost in Malaya 1954 Destinées 1954 Si Versailles m’était conté 1955 Texas Lady 1961 Parrish
Véxase tamén
Ligazóns externas
Claudette Colbert na TCM Movie Database (en inglés) Claudette Colbert en Allmovie (en inglés) Claudette Colbert en Internet Broadway DataBase (en inglés)
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Alumnos da Art Students League of New York