Maximilian Schell, nado en Viena, Austria o 8 de decembro de 1930 e finado en Innsbruck o 1 de febreiro de 2014, foi un actor e director de cinema suízo.
Traxectoria Naceu en Viena, fillo dunha actriz e dun escritor propietario dunha farmacia. A familia marchou a Zürich en 1938 tralo Anschluss.
Comezou a actuar en obras profesionais durante a súa estadía na universidade, onde decidiu que preferiría seguir o camiño da interpretación e non o dos estudos. Debutou no cinema en Alemaña en 1955 e en 1958 foi invitado a actuar en Broadway. Desde este momento a súa carreira se desenvolvería a ambos os lados do Atlántico. En 1961 gañou o Óscar ó mellor actor por Judgment at Nuremberg.
Dirixiu o seu primeiro filme, Das Schloß, en 1968, baseado na novela de Franz Kafka. Tamén filmou documentais, como Marlene, coa presenza de Marlene Dietrich ou My Sister Maria, sobre a súa irmá, a actriz Maria Schell.
Filmografía Ano Filme 1955 Kinder, Mütter und ein General1957 The Last Ones Shall Be First 1958 O baile dos malditos 1961 Judgment at Nuremberg 1961 Five Finger Exercise 1962 The Reluctant Saint 1962 The Condemned of Altona 1964 Topkapi 1965 Return from the Ashes 1966 The Deadly Affair 1968 Das Schloß 1968 Counterpoint 1968 Heidi 1969 Simón Bolívar 1969 Krakatoa, East of Java 1971 Erste Liebe 1972 Pope Joan 1973 Der Fußgänger 1974 The Odessa File 1975 The Day That Shook the World 1975 Der Richter und sein Henker 1975 The Man in the Glass Booth 1976 St. Ives 1977 Cross of Iron 1977 Julia 1977 A Bridge Too Far 1979 Avalanche Express 1979 The Black Hole 1979 Together? 1980 The Diary of Anne Frank 1981 The Chosen 1983 The Phantom of the Opera 1984 Morgen in Alabama 1986 Peter the Great 1989 The Rosegarden 1990 The Freshman 1991 Young Catherine 1991 Candles in the Dark 1992 Stalin 1992 Justiz 1993 A Far Off Place 1994 Little Odessa 1994 Abraham 1996 The Eighteenth Angel 1996 The Thorn Birds: The Missing Years 1998 Left Luggage 1998 John Carpenter’s Vampires 1998 Deep Impact 1999 Xoana de Arco 2000 I Love You, Baby 2004 Coast to Coast 2006 The Shell Seekers 2008 The House of Sleeping Beauties 2008 The Brothers Bloom
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema de Suíza Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Actores de teatro de Suíza Categoría:Óscar ó mellor actor