O distrito de Yumbe é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos, o seu nome provén do seu centro administrativo, Yumbe.
O distrito de Yumbe é un dos distritos máis setentrionais de Uganda. Limita co Sudán do Sur polo norte, distrito de Moyo polo leste, distrito de Adjumani polo sueste, distrito de Arua polo sur, distrito de Maracha polo suroeste e distrito de Koboko polo oeste.Mapa dos Distritos de Uganda Yumbe atópase aproximadamente a 75 km ao norte de Arua, a principal poboación da subrexión.Map Showing Arua And Yumbe With Distance Marker
O distrito estableceuse en 2006, cando o condado Aringa foi separado do distrito de Arua e cambióuselle o nome para Yumbe District. A súa poboación está aínda sufrindo os efectos da guerra civil, que durou vinte anos (1980–2000). O acordo de paz entre UNRF2 e o Goberno de Uganda foi asinado no 2000 en Yumbe.
A maioría (89%) da poboación do distrito pertence á etnia lugbara. Os lugbara no Distrito Yumbe falan un dialecto chamado aringa, que non ten forma escrita; só é oral. Tamén se poden atopar outras etnias, como os kakwa, os madi e os alur. Os acholi atópanse dispersos polo Río Nilo e dedícanse principalmente á casa e a pesca, polo río. Representa aproximadamente o 2% da poboación do distrito.
As linguas máis faladas son o aringa lugbara (maioría), o kakwa, o kuku, o madi e o alur. Con todo, a segunda lingua máis falada e o suahili. Nas áreas urbanas, pódense encontrar individuos que entendan árabe ou inglés.Overview of Yumbe District
A poboación no distrito é maioritariamente musulmá (76%), que é unha excepción en Uganda (o 80% dos ugandeses son cristiáns). A taxa de fertilidade no distrito é alta (7,5). O censo do ano 2002 tiña unha estimación da poboación de 253.300 habitantes. Calculouse un índice de crecemento do 7,9%, polo que a súa poboación estimada no 2010 era de aproximadamente 300.200 habitantes.
A agricultura de subsistencia é a principal actividade económica no distrito, como en moitos outros distritos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Yumbe District at Ugandatravelguide.com
Yumbe