José Antonio Ferreiro González, nado no Valadouro en 1952 e finado en Gasteiz o 23 de setembro de 1978, foi un policía galego asasinado por ETA.

Traxectoria José Antonio Ferreiro era membro da Policía Armada, un extinto corpo policial español. Destinado en Gasteiz, o 23 de setembro de 1978 recibiron na súa comisaría unha chamada avisando de que había un home atado a un poste, nas aforas da cidade, cunha bomba no peito. Cando cinco policías se presentaron no sitio, preto do lugar de Argandoña, non había ninguén, pero estourou unha bomba. Como resultado da explosión, catro policías foron feridos e Ferreiro faleceu no acto.

Galardóns Cruz da Garda Civil con distintivo vermello Medalla de Ouro ao mérito policial Unha rúa no Valadouro leva o seu nome

Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Finados en 1978 Categoría:Policías de Galicia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes