Julie Frances Christie, nada en Chabua, India Británica o 14 de abril de 1941 é unha actriz británica.
Traxectoria Nada na India, medrou na plantación do seu pai ata volver ao Reino Unido.
Debutou nos escenarios en 1957 e pouco despois na televisión británica, destacando na serie de 1961 A for Andromeda. A partir de 1962 comezou a facer pequenos papeis no cinema.
En 1965 foi recoñecida internacionalmente por dous filmes, Darling, co que gañou o oscar á mellor actriz, e Doctor Zhivago.
Nos anos setenta reduciu a súa presenza na pantalla, participando en só seis filmes en toda a década. En 1979 abandonou Hollywood e volveu a vivir no Reino Unido.
Desde entón segue sendo moi selectiva nos seus traballos, con éxitos de crítica como Afterglow ou Away from Her.
Filmografía Ano Filme 1962 Crooks Anonymous1962 The Fast Lady 1963 Billy Liar 1965 Young Cassidy 1965 Darling 1965 Doctor Zhivago 1966 Fahrenheit 451 1967 Far from the Madding Crowd 1968 Petulia 1969 In Search of Gregory 1970 The Go-Between 1971 McCabe & Mrs. Miller 1973 Don’t Look Now 1975 Shampoo 1977 Demon Seed 1978 Heaven Can Wait 1981 Memoirs of a Survivor 1982 The Return of the Soldier 1982 Les Quarantièmes rugissants 1983 Heat and Dust 1983 The Gold Diggers 1986 Champagne amer 1986 Power 1986 Miss Mary 1990 Fools of Fortune 1992 The Railway Station Man 1996 Dragonheart 1996 Hamlet 1997 Afterglow 2001 Belphégor - Le fantôme du Louvre 2001 Not Such Thing 2002 I’m with Lucy 2002 Snapshots 2004 Finding Neverland 2005 The Secret Life of Words 2006 Away from Her 2009 New York, I Love You 2009 Glorious 39 2011 Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? 2012 The Company You Keep
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores do Reino Unido Categoría:Nados en Assam Categoría:Nados en 1941