Exhippolysmata ensirostris é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos hipolítidos, que vive no océano Índico (costas de Mozambique, Tanzania, Kenya, Madagascar, India, e no Pacífico occidental (India, arquipélago Malaio), onde é obxecto de pesca comercial.

Taxonomía A especie foi descrita en 1914 polo biólogo mariño inglés Stanley Wells Kemp co nome de Hippolysmata ensirostris. Posteriormente foi reclasificada polo mesmo autor como Exhippolysmata ensirostris.Lysmata seticaudata (Risso, 1816) no WoRMS.

Na especie distínguense dúas subespecies:

Exhippolysmata ensirostris ensirostris (Kemp, 1914) Exhippolysmata ensirostris punctata (Kemp, 1914)

Nome galego Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón cazador.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son: Castelán: camarón cazador Francés: bouc-chasseur Inglés: hunter shrimp

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ".

Outros artigos Carideos

Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca