Viqueira é un apelido galego. Segundo o censo do ano 2000 tiña 1.960 ocorrencias en Galicia, destacando no concello de Ordes (344 ocorrencias, 1,41 % da poboación), Oroso (1,18 %) e Trazo (1,1 % da poboación)Acuña, en Cartografía dos apelidos de Galicia (Instituto da Lingua Galega).. Pode referirse a:

Manuel Oliveira Viqueira, xornalista e político galego (1870 - 1949); Johán Vicente Viqueira, escritor galego (1886 - 1924); José Viqueira Barrio, médico galego; Valentín Viqueira Torrente, médico e político galego (f. 1934); Manuel Viqueira Verea, político galego; Francisco Díaz-Fierros Viqueira, científico e escritor galego (n. 1941); Emilio Viqueira, futbolista galego (n. 1974);

Notas

Véxase tamén Biqueira