300px|miniatura|Primeira páxina do manuscrito de Berlioz da Sinfonía fantástica. A Sinfonía fantástica Op. 14, titulada orixinalmente como Episodios da vida dun artista, sinfonía fantástica en cinco partes (orixinalmente en francés Épisode de la vie d’un artiste, symphonie fantastique en cinq parties), é unha composición de Hector Berlioz adicada emperador Nicolao I de Rusia. A súa estrea tivo lugar o 5 de decembro de 1830 no Conservatorio de París baixo a dirección de François-Antoine Habeneck, seis anos despois da estrea da Novena Sinfonía de Beethoven. Composta de cinco escenas descritivas, esta obra, máis próxima ao poema sinfónico que á sinfonía, forma parte dun xénero chamado música programática.

Historia 250px|miniatura|esquerda|Retrato da actriz irlandesa Harriet Smithson. O 11 de setembro de 1827, Hector Berlioz asistira a unha representación da obra de William Shakespeare Hamlet, unha das obras máis admiradas por Berlioz do que era o seu autor predilecto. A actriz que encarnaba á desventurada Ofelia na función era a irlandesa Harriet Smithson, da cal o compositor se namorou dun xeito obsesivo.Juan Carlos Moreno, Berlioz: Sinfonía fantástica, La condenación de Fausto, RBA Coleccionables ISBN 84-473-4599-8

Características Formalmente, a Sinfonía fantástica está dividida en cinco movementos, relacionados entre si por unha especie de leitmotiv, xa aludido no programa, que o compositor define como idée fixe, unha melodía que aparece en todos eles, sempre baixo aspectos diferentes, ao mesmo tempo que no plano dramático simboliza a obsesión do artista pola súa amada. Este procedemento non era novidoso (algúns compositores do clasicismo xa experimentaran co uso de motivos recorrentes), mais si o era a súa funcionalidade dramática. Neste caso, como "idea fixa", Berlioz reaproveitou unha melodía da súa cantata Herminie, unha das catro cantatas compostas polo compositor francés para o Prix de Rome e que compuxera en 1828.

Movementos Rêveries – Passions (Soños - Paixóns) Un bal (Un baile) Scène aux champs (Escena no campo) Marche au supplice (Marcha ao suplicio) Songe d'une nuit de sabbat (Soño dunha noite de Sabbat)

Programa

Rêveries – Passions Nas notas ao programa de Berlioz en 1845, o compositor escribiu:Translation of Berlioz's program note to the Symphonie fantastique

Un bal Segundo as notas ao programa de Berlioz:

Scène aux champs Nas notas ao programa de Berlioz indícase:

Marche au supplice Das notas ao programa de Berlioz:

Songe d'une nuit de sabbat Berlioz indica nas súas notas ao programa:

Orquestración A partitura requiría dunha orquestra enorme para os usos da época coa participación duns 90 instrumentistas, o maior número nunha sinfonía escrita ata o momento. Especificamente:

Instrumentación da Sinfonía Fantástica |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 2 frautas (a segunda dobra con piccolo), 2 óboes (o segundo dobra con corno inglés), 2 clarinetes en Si bemol, La ou Do (un dobra con requinto), 4 fagotsMetais |- | | 4 trompas (2 en Mi bemol, Fa, ou Si bemol grave; 2 en Do ou Mi bemol), 2 cornetas, 2 trompetas en Do, 3 trombóns, 2 tubas |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión 4 timpani (con 4 timbaleiros), bombo, caixa, pratos, campás tubulares'''Cordas Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, 2 arpa

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sinfonía Fantástica interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Dima Slobodeniouk (en YouTube)

Categoría:Composicións musicais de Hector Berlioz Categoría:Composicións musicais de 1830 Categoría:Sinfonías