Severino Pérez Vázquez, nado no Concello de Cotobade en 1840 e finado en 1915, foi un músico experto en acústica, inventor, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Pérez e irmán de Avelina Pérez Vázquez. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Marchou a Madrid onde se dedicou ao ensino e ao xornalismo na Gaceta de Madrid. Regresou a Pontevedra en 1891, onde foi redactor de La Unión Republicana, dirixiu La Unidad Democrática (1893) e La Redención del Obrero (1895) e colaborou en El Combate, que tamén chegou a dirixir durante un tempo, e La Unión Nacional. Promoveu a creación de asociacións agrarias como a Alianza agrícola de Poio (1898) que presidiu. Volveu marchar a Madrid en 1901. Colaborou en El Mundo de los Niños e El Grito del Pueblo. En 1912 participou na Asemblea do Partido Republicano Federal, do que foi vocal da Xunta Directiva de Madrid en 1914.

Inventor dereita|miniatura|Gravado do Tecnefón, incluído na obra El Tecnefón: memoria presentada al Excmo. Ministro de Fomento en virtud de la Real Orden, memoria editada en Madrid en 1865 polo propio Severino Pérez Vázquez. Creou o malvis, un piano harmónico, que presentou á Exposición Agrícola Industrial de Galicia de Santiago de Compostela de 1858. Inventou o tecnefón (1860), a única máquina falante deseñada en España, consistente nunha caixa de madeira de 130 cm de alto por 70 cm de ancho, similar a un piano de paredePérez publicou en 1867 un libriño co título El Tecnefón. Memoria presentada al Excmo. Ministro de Fomento en virtud de Real Orden, que contén o único gravado que existe da máquina. En 1868 publicou o libro titulado El Tecnefón y los medios representativos de la palabra, que reproduce e amplía a Memoria.. Tamén ideou outro instrumento musical, a vocalina, que presentou publicamente no Teatro de Pontevedra o 16 de agosto de 1899 e que posteriormente deu a coñecer en Madrid.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A vocalina: un raro instrumento musical no Museo Museo de Pontevedra Uma "zampoña" na Exposición Agricola Industrial y Artística de Galicia "O galego que inventou o Tecnefón: a máquina que falaba", artigo de Eduardo Rolland en GCiencia, 2 de novembro de 2017.

Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Xornalistas de Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Músicos de Galicia