O salgueiro nodosoNome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; e VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo Salix salviifolia é unha especie de salgueiriño da familia Salicaceae endémica do oeste da Península Ibérica. Presente en todo o sur de Galiza, especialmente nas concas do Miño e do Sil.

Descrición Arbusto de 1 a 3 m de altura. Pólas cinsentas e pubescentes.

Follas dunha largura moderada, máis ou menos elípticas ou oblanceoladas, abrancazadas. Teñen o envés cunha borralla de pelo que lle dá o aspecto abrancazado aveludado.

As franzas teñen vilosidade mesta mais curta.

Distribución É un endemismo da Península Ibérica, onde se atopa no centro e na metade oeste. Abundante no Sistema Central, Montes de Toledo, Serra Morena, Estremadura, depresión do Douro, depresión do Texo, depresión do Guadiana. En Galiza no Miño e no Sil.

Sinonimia Salix cinerea auct. Salix oleaefolia auct. hisp.

Galería de imaxes

Notas

USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. https://web.archive.org/web/20090528175836/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?406614 (13 de abril de 2008) Véxase tamén Ligazóns externas

nodoso Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Árbores de ribeira