O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson (IATA: ATL, ICAO: KATL), coñecido localmente como Aeroporto de Atlanta, Aeroporto Hartsfield e Hartsfield-Jackson, localízase a 11 quilómetros ao sur do Distrito financeiro de Atlanta (Xeorxia, Estados Unidos). É o aeroporto máis ocupado do mundo por tráfico de pasaxeiros así como por aterraxes e engalaxes.
O aeroporto é o principal Centro de conexións de Delta Air Lines, GeorgiaSkies, AirTran Airways, baixo o nome de Shuttle America e a subsidiaria de Delta Connection, Atlantic Southeast Airlines; o centro de conexións de Delta é o centro máis grande do mundo. En Delta Air voaron o 55,4% dos pasaxeiros do aeroporto en 2008, en AirTran voaron o 19,27% e en Atlantic Southeast Airlines voou o 12,94% dos pasaxeiros. O aeroporto ten 151 portas domésticas e 28 internacionais.
O Hartsfield-Jackson mantivo a súa clasificación como o aeroporto máis ocupado en 2008, tanto en termos de pasaxeiros como en número de voos, atendendo a 90 millóns de pasaxeiros e 978.824 voos Moitos destes voos foron domésticos que se orixinaron nos Estados Unidos xa que Atlanta serve como punto de transferencia maior para voos desde e ata pequenas cidades do sur dos Estados Unidos.
O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson ten servizo internacional cara América do Norte, América do Sur, América Central, Europa, Asia e África. Como pasarela internacional cara aos Estados Unidos, o Hartsfield-Jackson encóntrase no sétimo lugar; o Aeroporto Internacional John F. Kennedy en Nova York é o primeiro.
Porén, o aeroporto está a converterse nunca importante porta de entrada para o embarque de pasaxeiros cara a outros países. No 2008, o aeroporto de Atlanta viu incrementado o tráfico internacional nun 3,18% con respecto ao ano anterior. Máis de 4,6 millóns de persoas abordaron voos internacionais no Hartsfield-Jackson ese ano.
Terminal principal e reclamo de equipaxe Terminal norte miniatura|Diagrama do Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson. Air Canada Air Canada Jazz AirTran Airways American Airlines British Airways Continental Airlines Continental Express operado por ExpressJet Airlines Frontier Airlines Korean Air KLM Lufthansa Midwest Airlines Northwest Airlines Northwest Airlink operado por Mesaba Airlines Spirit Airlines United Airlines United Express operado por Mesa Airlines United Express operado por Shuttle America US Airways US Airways Express operado por Air Wisconsin US Airways Express operado por Mesa Airlines US Airways Express operado por PSA Airlines US Airways Express operado por Republic Airlines
Terminal sur Aeroméxico Air France Delta Air Lines Delta Connection operado por Atlantic Southeast Airlines Delta Connection operado por Chautauqua Airlines Delta Connection operado por Comair Delta Connection operado por Freedom Airlines Delta Connection operado por Pinnacle Airlines Delta Connection operado por Shuttle America Delta Connection operado por SkyWest Airlines
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Aeropuerto Internacional Hartsfield-Jackson (en inglés) Atlanta de Time Machine na sección do aeroporto de Atlanta, con doceas de fotos antigas (en inglés) Aeropuerto Internacional Hartsfield-Jackson 1961-1980 (en inglés) Información de conexión WiFi en ATL (en inglés)
Hartsfield-Jackson Atlanta