miniatura|Peter Doig Peter Doig, nado en Edimburgo o 17 de abril de 1959, é un pintor escocés.

Traxectoria En 1962 foi vivir coa súa familia a Trindade e Tobago, e en 1966 foi ao Canadá. Regresou ao Reino Unido en 1979, indo estudar en Wimbledon School of Art, en St Martin's School of Art e, máis tarde, na Chelsea School of Art, onde recibiu un MA. En 2002 volveu a Trindade, onde abriu un estudo cerca de Porto España, e pasou a ser profesor na Academia de Belas Artes de Düsseldorf (Alemaña).Biografía de Peter Doig, Staatchi Gallery (Inglés)

A súa obra consiste, moitas veces, en paisaxes, ás veces reminiscentes da súa infancia e xuventude pasada no Canadá e inspiradas por fotografías, aínda que sen ser no estilo foto-realista. A súa pintura revela influencias de pintores impresionistas, postimpresionistas e expresionistas, como Caspar David Friedrich, Claude Monet e Edvard Munch.

O traballo de Doig captura momentos de tranquilidade, que contrastan cos elementos oníricos. O pintor emprega combinacións de cores e presenta escenas de ángulos inesperados, contribuíndo a dar á súa obra unha sensación de realismo máxico. As súas pinturas representan, moitas veces, lagos con canoas, cabanas perdidas nos bosques e esquiadores en escenarios montañosos.

Doig está representado nalgúns dos principais museos do mundo.Peter Doig en a Artcyclopedia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Selección de museos coa obra de Peter Doig .

Categoría:Pintores de Escocia Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Nados en 1959