Francisco Portela Pérez, nado en Pontevedra en 1864 e finado na mesma cidade o 12 de xullo de 1948, foi un xornalista galego.
Traxectoria Traballou en Pontevedra como funcionario do Ministerio de Fomento. Presidiu a Sociedade Artística Musical, foi socio de mérito da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e fundou e presidiu o Coro Gallego. Fundou e dirixiu La Voz de Helenes (1883), foi redactor de El Diario (1887), O Galiciano e A Tía Catuxa (na súa segunda etapa). Colaborou en El Anunciador, Crónica, Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa, O Tío Marcos da Portela, El Regional, A Monteira e La Revista Popular"Francisco Portela Pérez" in La Revista Popular, 61, 10-8-1894, p. 2-3.. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras Editou a Coleución de poesía gallegas d’algúns autores en 1882 e publicou os folletos Apuntes biográficos acerca de los marinos Nodales, hijos de Pontevedra (1891), Notas descriutivas sobre as romarías de Galicia (1896) e editou o Álbum de recuerdos a la memoria del joven poeta Albino Simán.
Vida persoal Foi pai de Agustín Portela Paz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega