Something About Airplanes é o álbum de estrea da banda estadounidense de indie rock Death Cab for Cutie, publicado o 18 de agosto de 1998 a través do selo Barsuk Records. Unha versión remasterizada de aniversario editouse o 25 de novembro de 2008.
As primeiras gravacións de cinco cancións deste álbum poden atoparse no recompilatorio You Can Play These Songs with Chords. A edición polo décimo aniversario contén unha portada redeseñada, textos escritos por Sean Nelson e un disco extra coa súa primeira actuación en Seattle, no Crocodile Cafe en febreiro de 1998.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums musicais de 1998 Categoría:Álbums de estrea