O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de celebrouse no Circuíto Paul Ricard de Le Castellet, preto de Marsella en Francia o 4 de xullo de 1976. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de , o 54º Gran Premio de Francia e a cuarta vez que a carreira celebrouse no circuíto de Paul Ricard. A carreira levouse a cabo sobre 54 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para cubrir unha distancia de 313 quilómetros.
A carreira foi gañada polo eventual campión do mundo de 1976 James Hunt pilotando un McLaren M23. Hunt gañou por doce segundos sobre o Tyrrell P34 de Patrick Depailler. Foi a segunda vitoria de Hunt no ano e a súa terceira vitoria nun Gran Premio, aínda que nese momento a súa apelación contra a descualificación da súa vitoria no Gran Premio de España aínda non se confirmara. Once segundos máis atrás na terceira posición quedou John Watson pilotando un Penske PC4. Foi o primeiro podio para ambos Watson e Penske, aínda que o resultado chegou logo de que o March 761 de Ronnie Peterson abandonara a tres voltas do final, logo Watson foi descualificado por unha irregularidade no alerón traseiro e, posteriormente, reincorporado logo dunha apelación.
O cuarto lugar foi ocupado polo novo piloto brasileiro Carlos Pace pilotando un Brabham BT45 por diante de Mario Andretti (Lotus 77) e o Tyrrell P34 de Jody Scheckter.
O vixente campión Niki Lauda retirouse co seu Ferrari 312T2 por un fallo no motor cando lideraba. Mentres que Hunt demostrou ser un potencial rival de Lauda que nese momento lideraba o campionato de 1976 por diante dos Tyrrell de Patrick Depailler (26 puntos) e Scheckter (24 puntos).
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 James Hunt McLaren-Ford 54 1:40:58.60 1 9 2 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 54 + 12.70 3 6 3 28 John Watson Penske-Ford 54 + 23.55 8 4 4 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 54 + 24.82 5 3 5 5 Mario Andretti Lotus-Ford 54 + 43.92 7 2 6 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 54 + 55.07 9 1 7 34 Hans Joachim Stuck March-Ford 54 + 1:21.55 17 8 16 Tom Pryce Shadow-Ford 54 + 1:30.67 16 9 35 Arturo Merzario March-Ford 54 + 1:53.57 20 10 20 Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford 53 + 1 volta 19 11 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 53 + 1 volta 10 12 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 53 + 1 volta 15 13 21 Michel Leclère Wolf-Williams-Ford 53 + 1 volta 22 14 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 53 + 1 volta 13 15 12 Jochen Mass McLaren-Ford 53 + 1 volta 14 16 18 Brett Lunger Surtees-Ford 53 + 1 volta 23 17 25 Guy Edwards Hesketh-Ford 53 + 1 volta 25 18 22 Patrick Nève Ensign-Ford 53 + 1 volta 26 19 10 Ronnie Peterson March-Ford 51 Sistema combstible 6 Ret 19 Alan Jones Surtees-Ford 44 Suspensión 18 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 28 Presión aceite 11 Ret 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 21 Presión aceite 21 Ret 38 Henri Pescarolo Surtees-Ford 19 Suspensión 24 Ret 2 Clay Regazzoni Ferrari 17 Motor 4 Ret 1 Niki Lauda Ferrari 8 Motor 2 Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 8 Caixa de cambios 12 Ret 24 Harald Ertl Hesketh-Ford 4 Diferencial 27 NSC 33 Damien Magee Brabham-Ford NSC 31 Ingo Hoffmann Fittipaldi-Ford NSC 32 Loris Kessel Brabham-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 55 2 Patrick Depailler 26 3 Jody Scheckter 24 4 James Hunt 17 5 Clay Regazzoni 16
Clasificación do campionato de construtores Pos Constrctor Puntos 1 Ferrari 58 2 Tyrrell-Ford 37 3 McLaren-Ford 23 4 Ligier-Matra 10 5 Lotus-Ford 8
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados. Os puntos son exactos á conclusión da carreira e non inclúen os resultados modificados do Gran Premio de España de 1976 que foi recorrido.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Francia Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1 Francia 1976