San Martiño de Tabeaio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 834 habitantes (408 mulleres e 426 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes.
Cultura Topónimo Tabeaio podería ser un topónimo latino ligado á auga ou ríos. Podería facer referencia a "tabeado", ou pontes de madeira.
Patrimonio miniatura|esquerda|Atravesando Tabeaio pola N-550. En Tabeaio existiu un pazo do que procede o escudo dos Figueiroa hoxe no Pazo de Reboredo. A igrexa de San Martiño de Tabeaio ten un retablo tardo-barroco.
Festas A parroquia celebra as festas de santa Isabel a primeira semana de xullo e o san Martiño o 11 de novembro.
Lugares e parroquias Lugares de Tabeaio
Parroquias de Carral
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carral
Categoría:Parroquias de Carral Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía