"(I Just) Died In Your Arms" é unha canción da banda inglesa Cutting Crew, editada como sinxelo do seu álbum Broadcast. A canción foi escrita polo líder Nick Van Eede, producida por Terry Brown, John Jansen e a banda, e mesturada nos Utopia Studios de Londres por Tim Palmer.

Esta power ballad é o maior éxito do grupo, chegando ao número 1 nos Estados Unidos, Canadá, Noruega e Finlandia, e acadando o top 5 en Alemaña, Irlanda, Reino Unido, Suráfrica, Suecia e Suíza.

Reedición de 2020 A principios do ano 2020 a canción regravouse e reeditouse en varias versións, entre elas nunha encarnación orquestral, como sinxelo principal para o segundo álbum recompilatorio de Cutting Crew, Ransomed Healed Restored Forgiven, acompañada por un novo video musical que foi subido a YouTube a través da conta oficial do seu novo selo, August Day. O novo lanzamento do éxito realizouse como un EP de 8 pistas editado en plataformas dixitais. Tamén apareceu en formato físico, tanto como un CD único como parte da edición de luxo do recompilatorio.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1986 Categoría:Sinxelos de 1987