Frédéric Cuvier, nado o 28 de xuño de 1773 en Montbéliard, Doubs, Franco Condado (Francia), e finado o 24 de xullo de 1838 en Estrasburgo, foi un paleontólogo, zoólogo e botánico francés.
Era o irmán máis novo de Georges Cuvier.Burkhardt, Jr. (2013), pp. 793–805.
Traxectoria
Foi coidador xefe da gardaría de animais do Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París, de 1804 a 1838.
A partir de 1816 dirixiu o Dictionnaire des sciences naturelles.
En 1835 foi elixido membro estranxeiro da Royal Society de Londres.
En 1837 creou a sección de "Fisioloxía comparada" no Museo de Historia Natural de París.
Foi mencionado por Charles Darwin en A orixe das especies (capítulo VII), por ter traballado no estudo do comportamento dos animais e o instinto, en especial a distinción entre o hábito e o instinto.
Tamén se menciona en Moby Dick (capítulo 32) por ter escrito sobre as baleas.
Entre outras moitas especies, describiu e deulle o nome científico ao panda vermello (Ailurus fulgens) en 1821.
Evolución Cuvier foi descrito como o primeiro científico en utilizar os termos "héréditaire" (hereditario) en 1807 e "hérédité" en 1812 no seu contexto biolóxico. Utilizou ámbalas dúas para promover a herdanza das características adquiridas baseándose nos seus estudos sobre o comportamento animal.Burkhardt (2011), pp. 33-44
Malia ser un defensor da herdanza das características adquiridas, ao igual que o seu irmán negou a transmutación de especies,Richards (1987), pp. 65-70 cría que os patróns de comportamento dos animais cambian co paso do tempo en relación ás necesidades inducidas polo medio ambiente. O historiador Robert J. Richards escribiu que Cuvier "non cría que os patróns anatómicos das especies fosen modificados co paso do tempo, aínda que admitiu que cambiaron de formas non esenciais a través da herdanza das características adquiridas... Era un evolucionista do comportamento, aínda que modesto".
Algunhas publicacións
1819-1842. Frédéric Cuvier, Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Histoire naturelle des mammifères. 4 vols. 1825. Des Dents des mammifères considérées comme caractères zoologiques 1836. De l'Histoire naturelle des cétacés, ou Recueil et examen des faits dont se compose l'histoire naturelle des animaux. 2 vols.
Abreviaturas
A abreviatura F. Cuvier emprégase para indicar a Frédéric Cuvier como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica. A abreviatura F. Cuvier emprégase para indicar a Frédéric Cuvier como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Paleontólogos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en Montbéliard Categoría:Nados en 1773 Categoría:Finados en 1838