miniatura|dereita|150px|Estrutura xeral dun ácido sulfínico. Os ácidos sulfínicos son oxoácidos de xofre coa estrutura RSO(OH). Nestes compostos organosulfurados, o xofre ten unha xeometría piramidal.

Xeralmente prepáranse in situ por acidificación dos correspondentes sales sulfinatos, que son tipicamente máis resistentes que o ácido. Estes sales xéranse por redución de sulfonil cloruros.Whitmore, F. C.; Hamilton, F. H. (1941), "Sodium p-Toluenesulfinic acid", Org. Synth. ; Coll. Vol. 1: 492 Unha ruta alternativa é a reacción de reactivos de Grignard co dióxido de xofre. Os sulfinatos de metais de transición tamén se xeran por inserción de dióxido de xofre en alquilos de metais, unha reacción que pode producirse por medio dun complexo de dióxido de xofre metal.

Exemplos Un exemplo de ácido sulfínico simple e ben estudado é o ácido fenilsulfínico. Un ácido sulfínico comercialmente importante é o dióxido de tiourea, que se prepara por oxidación de tiourea con peróxido de hidróxeno.D. Schubart "Sulfinic Acids and Derivatives" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry 2012, Wiley-VCH, Weinheim. (NH2)2CS + 2H2O2 → (NH)(NH2)CSO2H + 2H2O miniatura|180px|dereita|Estrutura do "dióxido de tiourea", un ácido sulfínico comercialmente útil.

Outro ácido sulfínico importante comercialmente é o ácido hidroximetil sulfínico, que se emprega xeralmente en forma de sal sódico (HOCH2SO2Na) como axente redutor aniónico, e denomínase Rongalite.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - Sulfinic+Acids Diagrama en ucalgary.ca Diagrama en acdlabs.com

Categoría:Ácidos sulfínicos Categoría:Grupos funcionais