O foi un grupo armado fundado no Xapón en 1971Diccionario de terrorismo, páxina 37 por Fusako Shigenobu.Condenada a 20 años la fundadora del Ejército Rojo Japonésa. El País, 23 de febreiro de 2006. Consultado o 15 de novembro de 2013. O grupo, formado a partir de elementos da extrema esquerda xaponesa, contou aproximadamente con entre douscentos e trescentos integrantes, e o 10% chegou a operar fóra das fronteiras xaponesas. A pesar do seu reducido tamaño, alcanzou especial notoriedade internacional durante os anos setenta, cometendo distintas accións espectaculares, como o asalto ao aeroporto de Tel Aviv no que 26 persoas (incluídos dous integrantes deste grupo) acabaron mortos baixo o fogo de metralladoras e explosións de granadas de man. Está sinalado como o primeiro grupo que cometeu accións para outros grupos de Occidente, como secuestros de embaixadas, chancelarías, barcos ou avións. Despois da detención de Kōzō Okamoto, o líder deste grupo,Terroristas, páxinas 174 e 175. o Exército Vermello Xaponés diminuíu as súas actividades, até que cesaron por completo a finais da década de 1980, despois de estourar un coche bomba nunhas instalacións militares estadounidenses en Nápoles.

Hai constancias e especulacións de que realizou ou realizaría atentados xunto a distintos grupos terroristas, por exemplo, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, Setembro Negro, Brigadas Vermellas, Baader Meinhof, Al Fatah, Exército Corso, IRA, ETA, Iparretarrak e Hamás.

Tiña como obxectivos políticos a revolución proletaria no Xapón, o derrocamento do Goberno do Xapón, acabar coa monarquía da familia imperial xaponesa e consolidar unha revolución mundial.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerra Fría Categoría:Historia do Xapón Categoría:Organizacións terroristas no Xapón