Eugenio Fadrique González, nado en 1879 e finado en Vigo en 1971, foi un empresario e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|En Vigo en maio de 1932, tras pronunciar unha conferencia no Teatro García Barbón, Federico García Lorca con, entre outros, Roberto González, Manuel Gómez Román, Eugenio Arbones, Eugenio Fadrique e Jerónimo Toledano. Fundou en 1906 a compañía La Artística, especializada en actividades de pintura e impresión de latas para conservas. Foi inicialmente unha pequena empresa familiar que servía ao mercado local. En 1920 producía entre 30.000 e 35.000 caixas de folla de lata e empregaba a unha trintena de operarios. Producía tamén azulexos de zinc e tabais de lata, que substituían aos antigos barrís de madeira para sardiña prensada. Nos anos setenta os seus negocios abarcaban os Talleres Mecánicos Alonarti e a litografía Artiscar en Vigo, Idalsa, especialista en derivados de aluminio en Madrid, e A Artística de Valença do Minho.
Presidiu o Depósito Franco, precedente da actual Zona Franca. Foi socio de honra do Círculo Mercantil e presidente da Cámara de Comercio (1931-1945). Dedicouse a tarefas de beneficencia, como directivo da Casa de Caridade, e exerceu como conselleiro de FENOSA e do Banco de Vigo. Tamén foi o representante da Asociación Metalgráfica Española.
Participou na política a través da Liga de Defensores de Vigo, pola que foi elixido concelleiro en varias ocasións, e foi tenente de alcalde na Corporación presidida por Adolfo Gregorio Espino durante a ditadura de Primo de Rivera.
Afeccionado á fotografía, polo que recibiu algún premio, filmou unha película con José Gil.
Recoñecementos
O concello de Vigo adicoulle o nome dunha praza, ornamentada cunha escultura metálica de Steinbrüggen. Vida persoal
Casou en 1909 con Josefa del Río e foi pai de Eugenio Fadrique del Río. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Presidencia de Eugenio Fadrique Cámara de Comercio de Vigo. "Empresario de éxito y hombre bueno a carta cabal" Faro de Vigo .
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1971