O sexto sentido (en ) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.

Dende o momento da súa estrea, foi aclamado pola crítica, que fixo especial fincapé nas actuacións (especialmente de Osment e Willis), a súa atmosfera, e o seu sorprendente final. O filme foi o segundo en recadación de 1999 (detrás de Star Wars Episode I: The Phantom Menace), conseguindo 293 millóns nos Estados Unidos e 379 millóns internacionalmente. Foi nomeado a 6 Premios Óscar, incluíndo a categoría de mellor filme.

Sinopse É unha película que conta a ficticia historia dun illado e preocupado neno (Haley Joel Osment), quen di que ve xente morta, e un psicólogo infantil (Bruce Willis) que trata de axudalo.

miniatura|dereita|Bruce Willis (cantando) é o protagonista

Personaxes Bruce Willis como Dr. Malcolm Crowe Haley Joel Osment como Cole Sear Toni Collette como Lynn Sear Olivia Williams como Anna Crowe Donnie Wahlberg como Vincent Grey Glenn Fitzgerald como Sean Mischa Barton como Kyra Collins Trevor Morgan como Tommy Tammisimo Bruce Norris como Mr. Stanley Cunningham Angelica Page como Mrs. Collins Greg Wood como Mr. Collins Peter Tambakis como Darren Jeffrey Zubernis como Bobby

Galardóns A película foi nomeada a varios Premios da Academia, incluíndo mellor actor secundario (Haley Joel Osment), Óscar á mellor actriz secundaria (Toni Collette) e Óscar ó mellor director (M. Night Shyamalan).

1999: 6 nomeamentos ó Óscar, incluíndo filme, director, montaxe, guión. 1999: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario, guión. 1999: 4 nomeamentos BAFTA, incluíndo mellor montaxe, filme, guión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por M. Night Shyamalan Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes de Spyglass Entertainment Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes ambientados en 1998 Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego