Sleepers é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por Barry Levinson. Baséase na novela homónima de Lorenzo Carcaterra que afirma relatar feitos reais, aínda que foi moi discutido. O título é un termo de xerga para os delicuentes mozos que cumpren penas superiores a nove meses. Foi lanzado nos Estados Unidos o 18 de outubro de 1996, recadando máis de 165 millóns de dólares para un orzamento inicial de 44 millóns de dólares.
Sinopse Durante os anos 60, a igrexa dos Santos Ánxeles e a súa escola eran o centro da "Cociña do Inferno", un barrio marxinal de Nova York. Alí podían refuxiarse os nenos marxinados. Lorenzo "Shakes" Carcaterra, Tommy Marcano, Michael Sullivan, e John Reilly John son catro amigos que tratan de sobrevivir nun barrio de inmigrantes e cuxa única guía moral é o padre Robert Carillo, un home criado nas rúas que intenta que non se desvíen do bo camiño. Porén, tras unha falcatruada colectiva na que case morre un home, os catro rapaces son enviados ó Fogar Wilkinson.
O centro correccional ten uns vixiantes que maltratan aos petís internos con todo tipo de vexacións, agresións e violacións. Anos máis tarde, dous deles, Reilly e Marcano, delincuentes armados tópanse nun bar cun dos gardas responsábeis dos abusos, Sean Nokes, e mátano.
No xuízo, revélanse os malos tratos aos que se sometían aos rapaces no centro de menores e o sacerdote do barrio, o padre Bobby, que coñecía os cativos desde pequenos, declara en falso baixo xuramento que os mozos estaban con el nun encontro de baloncesto o día do asasinato á hora do crime conseguindo que o xurado absolva aos xoves.
O filme remata aludindo a que as autoridades de Nova York negan a veracidade dos feitos, aínda que o autor da narración afirma que son verdadeiros e que só cambiou os nomes, os lugares e as datas dos acontecementos.
Técnica narrativa O filme vai alternando lembranzas dos feitos da infancia cos acontecementos presentes na adultez utilizando a analepse ou flashback como recurso continuo polo que os protagonistas infantís son representados por dous actores, un cativo e outro adulto. Os sucesos son narrados por un deles como narrador protagonista (Lorenzo), que se escoita con voz en off durante o filme.
Personaxes Jason Patric como Lorenzo de adulto Joe Perrino como Lorenzo "Shakes" Carcaterra de neno Brad Pitt como Michael Sullivan de adulto Brad Renfro como Michael de neno Billy Crudup como Thomas "Tommy" Marcano de adulto Jonathan Tucker como Tommy de neno Ron Eldard como John Reilly de adulto Geoffrey Wigdor como John de neno Minnie Driver como Carol de adulta Monica Polito como Carol de nena Robert De Niro como Padre Bobby Carillo Kevin Bacon como Sean Nokes Jeffrey Donovan como Henry Addison Lennie Loftin como Adam Styler Terry Kinney como Ralph Ferguson Vittorio Gassman como King Benny Dustin Hoffman como Danny Snyder John Slattery como Ron Carlson Daniel Mastrogiorgio como Nick Davenport Wendell Pierce como Little Caesar
Galardóns e nomeamentos 1996: Nomeado ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Barry Levinson Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de PolyGram Filmed Entertainment Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1967 Categoría:Filmes ambientados en 1968 Categoría:Filmes ambientados en 1981