Manuel San Román Ceballos,Aparece tamén como Manuel San Román Cevallos. finado en Madrid o 14 de agosto de 1936,Necrolóxica de Antonia Malagarriga Fabra, ABC, 5/12/1978 . foi un político galego.
Traxectoria De ideoloxía maurista, nas eleccións de 1914 foi candidato a deputado a Cortes no distrito de Padrón polo Partido Conservador, sendo derrotado por Eduardo Gasset Chinchilla. Membro distinguido da Unión Patriótica, foi concelleiro da última corporación da ditadura de Primo de Rivera. Foi nomeado alcalde de Vigo en abril de 1930,"De la constitución de Ayuntamientos y Diputaciones" ABC, 9/4/1930 . trala caída da ditadura, cargo do que sería destituído no mes de marzo do ano seguinte.
Casou con Antonia Malagarriga Fabra.
Notas
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos