A Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño (Agrupación Electoral Independente do Condado de Treviño en galego) (AEI) é unha agrupación de electores que actúa no enclave burgalés de Treviño, concretamente no concello do Condado de Treviño. Historia e ideoloxía do partido A AEICT ten como un dos seus obxectivos principais a integración do enclave de Treviño en Áraba.Ignacio Portilla: Comeza a conta atrás para a anexión de Treviño a Áraba. El Mundo, consultado o 14/04/2013. Os seus argumentos a prol da integración son a vontade da maioría dos treviñeses, e os problemas que sofre Treviño, especialmente no eido dos servizos públicos, polo feito de pertencer a Burgos.O Condado de Treviño a punto de caer en mans dos independentistas. Xornalista Dixital, consultado o 14/04/2013.

Eleccións municipais Mentres que nas eleccións de 2003 AEICT se fixo co goberno municipal, nas eleccións municipais de 2007, obtiveron só 4 dos 11 concelleiros (PP: 5 concellarías; AEICT: 4; ANV: 1; PSOE: 1).

Nas eleccións municipais de 2011 a AEICT obtivo 2 dos 9 concelleiros que compoñen a corporación municipal (PP: 3 concellarías; Agrupación Ciudadanos Condado de Treviño: 2; AEICT: 2; PNV: 1; Bildu: 1). Tras un período de goberno municipal do PP en minoría, o 14 de decembro de 2012, grazas a unha moción de censura, o representante da AEICT Ignacio Portilla obtivo a alcaldía.

O novo alcalde xunto co alcalde de La Puebla de Arganzónhttp://www.abc.es/local-castilla-leon/20130930/abci-trevino-pide-vasco-ceda-201309301415.html lidera unha iniciativa para pedirlle ao Goberno Vascohttp://www.elnortedecastilla.es/20131003/local/burgos/parlamento-vasco-aprueba-pedir-201310031722.html que formule ao Congreso dos Deputados unha petición de integración do Condado de Treviño en Áraba.http://www.elmundo.es/elmundo/2012/12/14/castillayleon/1355502967.html O que provocou o rexeitamento desta iniciativa por banda da Xunta de Castela e Leónhttp://www.abc.es/local-castilla-leon/20130620/abci-junta-rechaza-solicitud-segregacion-201306201405.htmlhttp://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-junta-rechaza-segregacion-trevino-basada-prestacion-servicios-aspectos-sociales-culturales-20130620142337.html e a Deputación de Burgoshttp://www.abc.es/local-castilla-leon/20130620/abci-diputacion-burgos-rechaza-peticion-201306201410.html.

Nas eleccións municipais de 2015, a agrupación obtivo dous concelleiros.

Notas

Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Nacionalismo vasco en Castela e León