Buenas Noches foi un semanario editado en Rianxo entre 1911 e 1914.
Historia e características Subtitulado Periódico Independiente, apareceu o 17 de xuño de 1911. De tendencia liberal, en principio foi un periódico manuscrito dirixido por José Barreiro e José María Varela. A partir do número 10 imprimiuse na “Imprenta de Rianjo”, pasando a ser quincenal. A partir de marzo de 1912 pasou a denominarse Semanario Liberal. A partir do número 20 apareceu con formato novo e editouse en Vilagarcía de Arousa. Volveu cambiar formato a partir do número 65 (4 de xaneiro de 1913). Foi voceiro da casa Varela, daquela baixo o control de Manuel Viturro Posse e da familia Gasset. Os seus colaboradores asinaban con pseudónimos (Fanático, Vingador, Taravinoche, Chiflado, Avechuco). Mantivo polémica con El Barbero Municipal.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Buenas Noches
Categoría:Prensa escrita de Rianxo Categoría:1911 en Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá