Filipe IGénéalogie de Philippe Ier sur le site Medieval Lands, nado en Tours, o 23 de maio de 1052 e finado en Melun o 29 de xullo de 1108. Foi o rei de Francia desde o 1060 ata 1108.

Traxectoria Membro da dinastía dos Capetos, Filipe era fillo de Henrique I e da princesa Ana de Kíiv (1024 - 1075). Foi coroado como rex designatus sendo un neno, en 1059, e ao ano seguinte finou o seu pai, actuando a súa nai como rexente ata o 1066.

Filipe I tivo que reprimir as revoltas provocadas pola fame que se estenderon por boa parte do territorio baixo o seu control. No 1077 asinou a paz con Guillerme o Conquistador, duque de Normandía, e desde a súa exitosa invasión e conquista de 1066, tamén rei de Inglaterra.

Durante o reinado de Filipe I, en 1095, tivo lugar a Primeira Cruzada, que non apoiou persoalmente a causa do seu conflito co papa Urbano II.

Filipe I morreu no castelo de Melun o 29 de xullo de 1108 e foi enterrado no mosteiro de Saint-Benoît-sur-Loire.

Matrimonio e descendentes Casou no 1072 con Berta de Holanda, filla de Florencio I, conde de Holanda (1055-1094) e de Xertrude de Saxonia. Deste matrimonio naceron:

Constanza (1078– v 1125), casada cara 1097 con Hugo I de Champaña e posteriormente en 1106 con Bohemundo I de Antioquía. Lois o Gordo (1081 - 1137), rei de Francia, co nome de Lois VI, Henrique (1083, Carlos (1085- 1096), abade. Eudes (1086-1089).

Posteriormente Filipe I repudiou a súa dona e casou no 1092 con Bertrada de Montfort. Por tal motivo, recibiu a excomuñón no 1094 polo bispo de Lión. O papa Urbano II confirmou a medida no Concilio de Clermont en 1095, levantándoa a posterioridade, se o rei se separaba de Bertrada, o que Filipe I non cumpriu. Deste matrimonio naceron:

Filipe (1093-1129), conde de Mantes, casado coa filla de Guido II de Montlhéry; Fleury (1093-1147); Cecilia (1097-1145), casada, en primeiras nupcias, con Tancredo de Galilea e, en segundas, con Ponce de Trípoli, conde de Trípoli (1098-1137); Eustaquia (¿?-¿?).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Collection des mémoires relatifs a l'histoire de France, con introdución e anotacións de François Guizot. Fragments de l'histoire des français: De l'avénement de Hughes Capet a la mort de Philippe Ier. Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): ed. de 1825, en París. Acta da Consagración real de Filipe I, en Reims, o 23 de maio do 1059 (Procès-verbal de le sacre du Philippe Ier, à Rheims, le 23 mai 1059). Texto francés no mesmo sitio: ed. de 1825, en París.

Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en 1052 Categoría:Finados en 1108 Categoría:Nados en Tours