Santo Estevo de Lires é unha parroquia situada ao noroeste do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en xaneiro de 2018 tiña 398 (190 homes, 208 mulleres) habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 470 (244 mulleres e 226 homes). En 1999 tiña 506 habitantes.

É unha parroquia de carácter agrícola. A piscifactoría de troitas situada nela é das máis importantes do estado . Foi pioneira no turismo rural, contando na actualidade con varios establecementos deste tipo.

O río Castro desemboca na ría de Lires, formando o límite desta parroquia de Cee con Muxía.

A súa igrexa parroquial data de comezos do século XVII. Anteriormente houbera unha ermida medieval máis pequena e máis preto da ría.

Por esta parroquia pasa o Camiño de Santiago e a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lires

Parroquias de Cee

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cee Ligazóns externas 20px Grandes lugares na TVG.

Categoría:Parroquias de Cee Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo Categoría:Camiño dos Faros Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra