Judith Tuvim, nada en Nova York o 21 de xuño de 1921 e finada o 7 de xuño de 1965, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria A carreira artística de Holliday comezou en 1938 en clubs nocturnos, actuando con outros actores coma Adolph Green ou Betty Comden. Debutou no cinema en 1944 cun pequeno papel nun filme de propaganda e no teatro no ano seguinte.
En 1946 interpretou no teatro Born Yesterday. A versión cinematográfica da obra levouna a gañar o Oscar á mellor actriz.
Nos anos cincuenta foi chamada a declarar por supostas simpatías co comunismo.
Morreu de cancro en 1965.
Filmografía Ano Filme1944Winged Victory1949Adam’s Rib1950Nacida onte1952The Marrying Kind1954It Should Happen to You1954Phffft!1956The Solid Gold Cadillac1957Full of Life1960Bells Are Ringing
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Finadas por cancro de mama Categoría:Lista negra de Hollywood