Anunciación Casado Atanes, coñecida como Pasionaria, nada en Cualedro en 1897 e finada en Pixeiros (Viana do Bolo) o 21 de agosto de 1936, foi unha política galega.Dicionario biográfico de Galicia.
Traxectoria miniatura|Homenaxe a Anunciación Casado no Castro, Pexeiros. Viúva dun obreiro morto en accidente laboral en Sestao e nai de catro fillos. Oradora e organizadora sindical de moita sona, pola súa defensa do campesiñado. Foi responsable do Partido Comunista de España na comarca de Viana. Na Segunda República fixo propaganda entre os traballadores do ferrocarril da liña A Gudiña e Vilar de Barrio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obxecto dunha constante persecución. Detida polos falanxistas de Verín, foi aldraxada, rapada e asasinada no lugar das Revendeitas, no camiño da Gudiña a Viana o 21 de agosto de 1936. Foi soterrada nunha fosa xunto á igrexa do Castro, na parroquia de Pexeiros. Fóronlle incautados os seus bens.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Represión franquista en Galicia Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cualedro Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936