dereita|miniatura|Un dos dous altares en latín dedicados a Anvallus. A inscrición pode interpretarse como "Consagrado a Augustus, ó deus Anvallus, Norbaneius Thallus o gutuater [libre e merecidamente cumpriu a súa promesa]". Anvallus foi un deus celta, coñecido polas numerosas inscricións en Augustodunum (Autun). Dúas das inscricións están en latín, e aparecen en altares que foron dedicados por gutuatres en cumprimento dos seus botos; ámbalas dúas comezan coa fórmula Aug(usto) sacr(um).CIL XIII:11225.CIL XIII:11226. O título gutuater é entendido baixo o significado de 'sacerdote';Xavier Delamarre (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. Errance, París, p184. os gutuatres son considerados como continuacións romanizadas dos druídas.Monique Clavel-Lévêque (1989). Puzzle Gaulois: les Gaules en mémoire : images, textes, histoire, Volume 396. Presses universitaires de Franche-Comté, p423. Eses dous altares foron descubertos en 1900 na estación de tren de Autun, xunto cun casco grego que probablemente foi deixado alí como unha ofrenda.J.-G. Bulliot (1901). "Découverte de deux inscriptions romaines et d'un casque votif à Autun." Bulletin monumental. Consultado de Gallica o 3 de xuño de 2011.
O terceiro texto que menciona un nome semellante a Anvallus foi un texto en galo: LICNOS · CON TEXTOS · IEVRV ANVALONNACV · CANECOSEDLON ·CIL XIII:2733.
O nome do deus foi analizado como unha composición de an-ualos, tendo a segunda raíz o significado de 'soberano' ou 'príncipe', e a primeira 'sen' ou 'non'.Xavier Delamarre (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. Errance, París, pp43, 305. O nome pode entenderse como 'sen soberano' ou 'inferior a ninguén'.
Notas
Categoría:Deuses galos