José Troncoso Faro, nado en Ponteareas, foi un xastre e político galego.

Traxectoria Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Mondariz e foi primeiro tenente de alcalde. Na Segunda República foi nomeado polo gobernador civil concelleiro de Mondariz por Unión Republicana e foi elixido alcalde o 10 de marzo de 1936.El Tea, 4-4-1936, p. 6. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu na zona leal e recibiu axudas desde Buenos Aires. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria xunto con Manuel Martínez Alonso, Celso Collazo Álvarez, Francisco Bouzas Sánchez e Luís Soto Fernández o 8 de outubro de 1936.El Pueblo Gallego, 9-10-1936, p. 3. Coa derrota da República pasou a Francia e en xullo de 1939 estaba internado no campo de refuxiados de Bram (Aude). Exiliouse en Lión.

Notas

Categoría:Alcaldes de Mondariz Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido