Dosinia lupinus, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, moi semellante ao reló (Dosinia exoleta), pero de menor tamaño, presente nas augas de Galicia.

Descrición Ten unha cuncha semellante á de Dosinia exoleta, da que difire por ter un contorno un pouco máis ovalado, máis afiado no ápice, e ter a cor abrancazada brillante, ademais de por ser de menor tamaño, xa que só alcanza os 30 mm de diámetro, contra os 60 mm aos que pode chegar D. exoleta.Rolán e Otero (1996), p. 253.

A escultura da cuncha e a decoración son tamén semellantes aos da especie anteriormente citada.Ramonell, R. (1985), p. 121.

Hábitat e distribución Dosinia lupinus habita nas costas do Atlántico nororienteal, desde Islandia até África occidental, e no Mediterráneo.Dosinia lupunis (Linnaeus, 1758) no WoRMS. (Consultado o 04-12-2013).

Vive enterrada en fondos areosos da zona infralitoral, estanco citada a súa presenza en Galicia nas rías do arco Ártabro e nas de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3. Rolán, Emilio e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Bivalvos Heterodontes Veneroides Venéridos Dosinia Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas Conchological Society of Great Britain and Ireland

Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia