Manuel Lamartín Vázquez, coñecido como Almirante, nado en Mondariz en 1891 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1983,La Voz de Galicia, 10-12-1983, p. 28. foi un xornalista e político galego.

Traxectoria miniatura|Ramiro Vidal Carrera, Xulio Sigüenza, Manuel Lamartín e Fernando Ruiz no castelo de Sobroso, agosto de 1935. Emigrou sendo mozo á Arxentina, onde se iniciou no xornalismo nas publicacións da colectividade galega. Retornou a Galicia na ditadura de Primo de Rivera. Foi correspondente da prensa en Mondariz, de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, entre outros. Asinaba as súas crónicas como Almirante. En 1930 foi elixido secretario da Sociedade Agraria de Mondariz. Integrouse no Partido Republicano Radical e en maio de 1931 foi nomeado alcalde de Mondariz. Foi presidente do Comité Radical de Mondariz (1934). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse no Brasil. Retornado a España, volveu ser correspondede de prensa en Mondariz e foi cronista Oficial do Santuario da Franqueira. No franquismo tamén escribiu crónicas para La Voz de Galicia. Finou en Mondariz cando viña de facer 92 anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Mondariz Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Alcaldes de Mondariz Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1983