Octavio Vázquez Rodríguez, nado o 10 de setembro de 1972 en Santiago de Compostela, é un compositor galego residente en Nova York (Estados Unidos).

Traxectoria Octavio Vázquez naceu en Santiago de Compostela o 10 de setembro de 1972. En 1989 trasladouse a Madrid, onde estudou no Conservatorio Adolfo Salazar, continuando a súa formación no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde obtivo os títulos de piano, teoría e acompañamento. Despois de gañar unha bolsa de estudos da Fundación Barrié, trasladouse aos Estados Unidos para estudar no Peabody Institute de Baltimore. Doutorouse na University of Maryland, College Park, onde foi bolseiro da propia universidade.Biografía de Octavio Vázquez en www.galegos.info

Dende 1999 reside en Nova York, onde é director musical da United Moravian Church e membro fundador da ONG "Guernica Project Inc.", que promove a cooperación internacional por medio da música e das artes.

As súas colaboracións inclúen músicos como Víctor Pablo Pérez, Dmitri Berlinsky, Ilya e Leonid Finkelshteyn, Jonathan Gandelsman, Daniel Gaisford, Eldar Nebolsin, o Flatiron Trio, o Monument Piano Trio, Viacheslav Dinerchtein, Julian Gargiulo, e a galega gañadora dun Grammy Cristina Pato.

Características Vázquez está interesado principalmente no "... impacto emocional [da súa música] e a comunicación directa co oínte. A súa música foi descrita como "un facho aceso para o próximo século" por Mark Greenfest, do New Music Connoisseur.

Obra Orquestral Memento (1998), gañadora do Concurso Internacional Andres Gaos, estreada pola Real Filharmonía de Galicia Lethe (1999), baseada no Trío con piano "Guernica", estreada por Carlos Kalmar e a Orquestra Sinfónica de Galicia Hermes (2004), encargada e estreada pola Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave Styx (2005), encargada e estreada pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Hansjörg Schellenberger Concerto par Piano (2007), encargada e estreada pola Orquestra Sinfónica de Galicia, con Cristina Pato como solista Tropos, Violin Concerto (2010), encargada polo Xacobeo Classics Festival 2010 e estreada pola Real Filharmonía de Galicia, con Amaury Coeytaux como solista Ewiges blaues Licht (2011), encargada e estreada pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez Ewiges Licht II (2013), unha revisión da anterior, encargada e estreada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel

Música de cámara Sonata para Violín e Piano Nº 1 (1990) Sonata para Viola e Piano Nº 1 (1992) Sonata para Violín e Piano Nº 2 (1993) Trio para Clarinete, Violonchelo e Piano (1994) Suite para Fagot e Piano (1996) Septeto (1996) Cuarteto para corda Nº 3 (1997), estreado no Merkin Hall Sonata para Viola e Piano No. 2 (2002), diploma na Prokofiev International Competition, estreada no Carnegie Hall en 2003 Galician Folk Dances (2003), para violín e piano, encargada pola COAHSI Trío para Frauta, Viola ande Violonchelo (2003), estreado no Carnegie Hall en 2003 Trío para Violín, Violonchelo e Piano, 'Guernica''' (1999, 2006) encargado polo Guernica Project Inc. e estreado polo Flatiron Trio Sonata para Clarinete e Piano (2009), encargada e estreada por Enrique Pérez Piquer e o Festiva Via Stellae 2010 MusicScapes (2011), encargada por Katya Chilingiri Balkanika (2011), encargada co apoio da Secretaría de Cultura de España NGC 6611 (2012), encargada por Hilary Hahn como parte de "In 27 Pieces: The Hilary Hahn Encores" Trío para Óboe, Fagot e Piano (2012), encargada e estreada polo Poulenc Trio co apoio de New Music USA Trío para Violín, Clarinete e Piano (2012), encargado e estreado polo Verdehr Trio e a Michigan State University

Solo Sonatina para piano (1994) Prelude and Fugue para guitarra (1999) Nineteen Preludes para piano (2001) Nostos para guitarra (2009)

Vocal Tres Cantigas (1994), sobre poemas de Airas Nunes, Garcia de Andrade, Afonso Eanes do Coton. Semente para coro mixto (1995), poema de Castelao. Tempestad, Amanece, para voz e trío con piano (2002), poemas de Ilia Galán. Lieder to Poemes by Goethe'', para baixo, clarinete baixo e piano (2005).

Gravacións Nostos, Adam Levin, NAXOS Clarinet Sonata, Leiva & Amoedo, Ouvirmos 'Guernica' Trio, Flatiron Trio, Bohemia Music

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Octavio Vazquez web site Guernica Project web site Octavio Vázquez na web da Asociación Galega de Compositores Audios de Octavio Vázquez en ReverbNation Artigos sobre Octavio Vázquez

Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Santiago de Compostela