Latis é o nome de dúas divindades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición. Etimoloxía O nome 'Latis' pode estar relacionado coas palabras protocelta *lati-, que significa 'licor', *lat- 'día', ou *lāto- 'luxuria'.Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies, Universidade de Gales. Proto-Celtic—English lexicon ."
Dea Latis A dedicación a Dea Latis foi atopada no Forte Romano Birdoswald, en Cumbria, Inglaterra, en 1873. Nela lese simplemente: DIE LATI "Á deusa Latis"Collingwood, R.G. and Wright, R.P. (1965) The Roman Inscriptions of Britain (RIB) Vol.I Inscriptions on Stone. Oxford. RIB 1897, online at www.roman-britain.org
É coñecida como unha deusa da auga e da cervexa. O seu culto pode asociarse tamén co dos ríos.Dictionary of Celtic Myth and Legend, Miranda J. Green, Thames and Hudson Ltd, Londres, 1997
Deus Latis A dedicación a Deus Latis, foi atopada nunha pedra altar no Forte Romano de Aballava, Burgh-by-Sands (tamén en Cumbria):
DEO LATI LVCIVS VRSEI "Ó deus Latis, Lucius Ursei [dedícalle isto]."Ibid. RIB 2043, online at www.roman-britain.org
A pedra altar a Deus Latis foi atopada a carón dun deus con cornos chamado Belatucadros.
Notas
Categoría:Deuses britanos Categoría:Deusas britanas