Unha aldolase é un encima que cataliza unha reacción aldol (na que se crea un aldol) ou a súa inversa (na que se cliva un aldol). Hai moitos encimas aldolases, pero moitas veces denomínase simplemente aldolase Medline AldolaseThe free dictionary Aldolase(sen máis especificación) ao encima da glicólise e gliconeoxénese que ten como nome completo frutosa-bisfosfato aldolase, que é a aldolase máis coñecida, e que se pode presentar en forma de tres isocimas distintos chamados aldolases A, B e C.

Outras aldolases Como dixemos, a aldolase por antonomasia é a frutosa-bisfosfato aldolase da glicólise, pero existen moitos outros encimas aldolase, como son os seguintes: 17a-hidroxiproxesterona aldolase 2-deshidro-3-desoxi-6-fosfogalactonato aldolase 2-deshidro-3-desoxi-D-pentonato aldolase 2-deshidro-3-desoxiglucarato aldolase 2-deshidro-3-desoxi-L-pentonato aldolase 2-deshidro-3-desoxi-fosfogluconato aldolase 2-deshidropantoato aldolase 3-desoxi-D-mano-octulosonato aldolase 4-(2-carboxifenil)-2-oxobut-3-enoato aldolase 5-deshidro-2-desoxifosfogluconato aldolase Benzoín aldolase Desoxirribosa-fosfato aldolase Dihidroneopterina aldolase Dimetilanilina-N-óxido aldolase Cetotetrosa-fosfato aldolase Lactato aldolase L-fuculosa-fosfato aldolase Fenilserina aldolase Ramnulosa-1-fosfato aldolase Esfinganina-1-fosfato aldolase Tagatosa-bisfosfato aldolase Treonina aldolase Trimetilamina-óxido aldolase

Notas

Categoría:Encimas