Octavio Lois Amado, nado en Sanxenxo o 14 de agosto de 1857 e finado en Pontevedra 9 de agosto de 1888, foi un científico, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1882 foi premiado pola Academia gaditana de Ciencias y Artes polo traballo "La palabra imposible no puede emplearse en el lenguaje de la ciencia". Foi redactor do Diario de Pontevedra e colaborador de El Anunciador, La Ilustración Cantábrica, El Comercio Gallego da Coruña e da Revista de España (1881). Instalouse en Bilbao en 1884, onde dirixiu a Revista de Vizcaya (1885). Cara a 1886 foi nomeado subdirector do Instituto Meteorológico Central.
Obras Recreaciones científicas, 1881. Lo accesible y lo inaccesible. Estudios populares de filosofía positivista, 1886. Compendio foral de Vizcaya, 1886.
Véxase tamén Ligazóns externas
Octavio Lois Amado, preclaro hijo de Sanxenxo
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Sanxenxo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1888 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos