El Comercio Gallego foi un periódico editado na Coruña entre 1877 e 1880.
miniatura|Libro de 1879 impreso polo est. tipográfico de El Comercio Gallego. Historia e características Apareceu en novembro de 1877. Fundado por Juan Cuenca Fernández e Ramón Faginas, estivo dirixido por Joaquín Castro Arias e José María Montes. Entre os seus redactores figuraba José María de Alcántara e contaba coas colaboracións de Ricardo Acevedo Fullós e Octavio Lois Amado. Periódico de tendencia liberal-demócrata, sufriu varias suspensións en 1878. Cesou a súa publicación en 1880. Foi sucedido por El Noroeste.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1877 en Galicia