A glomerulonefrite membranosa (GM), tamén coñecida coma nefropatía membranosa , é unha doenza que afecta ao glomérulo renal (glomerulopatía). É a causa máis frecuente de síndrome nefrótica en adultos, afectando máis predominantemente a estes últimos e a anciáns máis que a nenos.Farreras-Rozman: Medicina Interna. 16º Edicion. C Rozman, F Cardellach, JM Ribera, A de la Sierra. Editorial Elsevier, 2009.

Descrición Caracterízase por ser unha doenza causada por antíxenos específicos e anticorpos que se forman na membrana basal glomerular.

Aínda que a forma máis habitual é a idiopática ou primaria Harrison: Principios de Medicina Interna, 18º Edición. DL Longo, AS Fauci, DL Kasper, SL Hauser, JL Jameson, E Braunwauld. Ed McGraw Hill, 2013., existen outras causas que poden producir esta doenza, entre elas certas infeccións (sífilis, hepatite B, malaria), cancros coma o de mama ou pulmón, lupus eritematoso sistémico, síndrome de Sjögren, tiroidite de Hashimoto, ou fármacos coma o captopril, a penicilamina ou os sales de ouro. É máis frecuente en homes ca en mulleres.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glomerulonefrite Glomerulopatía Glomérulo renal Ligazóns externas Sociedade Española de Nefroloxía .

Categoría:Doenzas renais