Manuel María Puga Feijoo, nado en Espiñoso (Cartelle) o 19 de maio de 1807 e finado en Arteixo o 5 de outubro de 1879, foi un militar galego.
Traxectoria Militar de profesión e fervoroso carlista, loitou nas filas do carlismo galego"El carlismo gallego", Barreiro Fernández, Santiago 1976 durante máis de cinco anos, ata que en 1839 se acolleu ao Convenio de Vergara, sendo admitido no exército isabelino co grao de Capitán, e continuou ascendendo ata chegar a Coronel.
Destinado en Celanova, trabou relación cos Condes de Ximonde e co escribán da vila Jose María de Curros Vázquez, pai de Curros Enríquez.
Casou en 1833 con Carmen Blanco Álvarez de Castro, e foi pai de Luciano Puga Blanco
Influencia política A súa proximidade e influencia sobre a condesa de Ximonde, Jacoba Cisneros de Puga, que apoiaba a causa carlista en Galicia "El carlismo gallego", Barreiro Fernández, Santiago 1976 levou á Condesa a designalo herdeiro universal Acceso ao testamento., polo que recibiu xunto coas súas propiedades, gran parte do poder político tiñan os Condes.
Xunto co Pazo de Anzobre, recibiu da Condesa o Pazo de Ramirás ou Pazo dos Condes de Xelmírez, en Santiago de Compostela, as Torres de Couso, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, e a chamada Horta do Xeneral, na Coruña, ademais de extensas propiedades agrarias.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Nados en 1807 Categoría:Finados en 1879 Categoría:Carlistas de Galicia Categoría:Militares carlistas