San Salvador de Colantres é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (147 mulleres e 142 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Cultura Topónimo Colantres barállase que sexa un antropónimo latino, mais do cal se descoñece o significado.

Patrimonio Igrexa de San Salvador de Colantres, de estilo románico do século XII.

Etnografía Colantres na cultura popular Existe unha curiosa lenda sobre a etimoloxía do topónimo Collantres. Cóntase que a Sagrada Familia ía andando por Galicia cara Betanzos. Como estaban cansos, pararon á sombra dunhas árbores a descansar, e entre elas había algunhas maceiras. Pero o Meniño tiña sede e San Xosé non atopou ningunha fonte. Achegouse unha velliña que lle dixo que, a falta de auga, ben podía coller unhas mazás. San Xosé colleu unha, para o Meniño, pero a vella insisteu: Collan tres, collan tres, unha para cada un. E de aí colleu o nome o lugar.

Outros Nunha casa de turismo rural local gravouse a serie de Televisión de Galicia Casa Manola.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Colantres

Parroquias de Coirós

Véxase tamén Bibliografía

, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo, s.v. Etimoloxía.

Outros artigos Lugares de Coirós

Categoría:Parroquias de Coirós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía