Karkkila (en finés) ou Högfors (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.
Xeografía A paisaxe é accidentada, formada polas glaciacións. A altitude mínima do concello está situada a 80 metros sobre o nivel do mar, mentres que o máis alto é o outeiro Loukkumäki, que cos seus 174 metros é o punto máis elevado da rexión de Uusimaa.
Está situada a 66 km da capital finlandesa, Helsinqui, á cal está unida pola valtatie 2 (nacional 2). O número de habitantes que se desprazan diariamente ao traballo é aínda baixo, mais está a experimentar un notable ascenso. Por outra banda, a valtatie 2 continúa ata Pori (situada a 178 km) pasando por Forssa (a 48 km).
Limita cos concellos de Vihti ao sur e ao leste, Nummi-Pusula ao suroeste, con Tammela (na rexión de Tavastia Propia) ao noroeste, e con Loppi ao norte.
Poboación Segundo o censo de 2013, Karkkila ten unha poboación de 9.125 habitantes. Dende a metade dos anos '90 o concello está a experimentar un constante ascenso demográfico, despois do descenso de poboación que sufriu durante a crise económica de principios dos anos '90 do século XX:
Lähde: Tilastokeskus
Núcleos de poboación Ahmoo, Alimmainen, Haavisto, Järvenpää, Karkkila, Nyhkälälä, Siikala, Tuorila, Vaskijärvi, Vattola e Vuotinainen.
Historia A zona na que se localiza o concello de Karkkila estaba escasamente poboada antes do descubrimento das minas de ferro de Rautamäki a principios do século XIX. A explotación destas minas levou á instalación dunha fundición próxima, nun lugar chamado Högfors, en 1822. As décadas seguintes viron o desenvolvemento dunha cidade industrial en miniatura, máis rica que as comunas agrícolas veciñas, e a cidade conserva aínda hoxe unha tradición industrial. A poboación fíxose independente baixo o nome de Pyhäjärvi Uudenmaan lääni (Pyhäjärvi de Uusimaa) en 1869, e posteriormente fundouse Karkkila en 1932 a partir desta poboación rural, entes de converterse en cidade en 1977.
As industrias sufriron unha grande crise durante 1993, a cidade viu entón medrar a súa taxa de desemprego e diminuír a súa poboación. Hoxe en día, a súa relativa proximidade a Helsinqui permitiulle gañar poboación.
Política No plano político, os partidos de esquerda dominan o debate político, máis particularmente a Vasemmistoliitto (Alianza de Esquerda), o antigo partido comunista, caso estraño hoxe en día en Finlandia. As últimas eleccións municipais deixaron a seguinte composición na cámara municipal:
Vasemmistoliitto: 8 Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 8 Perussuomalaiset: 7 Kansallinen Kokoomus: 6 Suomen Keskusta: 4 Vihreä liitto: 2
Lingua O concello é unilingüe en finés:Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely
Lingua finesa: 95,6 % Lingua sueca: 0,9 % Outras: 4,6 %
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Cidades de Uusimaa