A Comisión Nacional do Mercado de Valores, coñecido abreviadamente polas siglas CNMV (en castelán, Comisión Nacional del Mercado de Valores) é un organismo dependente da Secretaría de Estado de Economía y Apoyo a la Empresa do Ministerio de Economía. Fundado en 1988, é o encargado da supervisión dos mercados de valores en España.
Obxectivo e funcións O seu obxectivo é velar pola transparencia destes mercados e a correcta formación de prezos nos mesmos, así como a protección dos investidores. No exercicio destas competencias recibe un importante volume de información, gran parte da cal está contida nos seus rexistros oficiais e é de carácter público.
A acción da CNMV como órgano de control céntrase principalmente sobre:
as sociedades que emiten valores para seren colocados de forma pública no mercado primario, os mercados secundarios de valores, as empresas que prestan servizos de investimento e as institucións de investimento colectivo.
Sobre eles a Comisión exerce unha supervisión de carácter prudencial buscando garantir a seguridade das súas transaccións e a solvencia do sistema. Tamén a través da Axencia Nacional de Codificación de Valores, asigna o código ISIN con validez internacional a todas as emisións de valores que se realizan en España.
Presidentes da CNMV 2012-: Elvira Rodríguez Herrer 2007-2012: Julio Segura Sánchez 2004-2007: Manuel Conthe Gutiérrez 2001-2004: Blas Calzada Terrados 2000-2001: Pilar Valiente Calvo 1996-2000: Juan Fernández-Armesto Fernández-España 1988-1996: Luis Carlos Croissier Batista
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da CNMV .
Categoría:Economía de España Categoría:Organismos públicos de España