Christopher Arthur Amon MBE, nado en Bulls o 20 de xullo 1943, é un expiloto de carreiras neozelandés. Estivo en activo na Fórmula 1 nos anos 1960 e 1970 e é considerado como un dos mellores pilotos de F1 que nunca gañou un Gran Premio. A súa reputación de mala sorte era tal que o seu compañeiro, o piloto Mario Andretti chanceou unha vez dicindo que "se se convertese en enterrador, a xente deixaría de morrer".
Ademais de pilotar, Chris Amon tamén dirixiu o seu propio equipo de Fórmula Un durante un breve período en . Lonxe da Fórmula Un, Amon tivo certo éxito en carreiras de autos deportivos, gañou as 24 Horas de Le Mans en 1966.
Traxectoria Amon era fillo único dun rico propietario de ovellas, Ngaio Amon. Ao saír da escola, convenceu ao seu pai para que lle comprase un Austin A40 Especial, co que participou nalgunhas carreiras locais menores e hillclimbs, mentres traballaba na granxa familiar. Máis tarde correu cun Cooper de 1´5 litros e logo cun vello Maserati 250F de 2´5 litros, pero só empezou a chamar a atención cando pilotou o Cooper- Climax T51 que Bruce McLaren utilizara para gañar o seu primeiro Gran Premio.Prankard; Paragraph 1
Andaina En 1962 Amon entrou en Cooper para a serie de inverno de Nova Zelandia, pero viuse obstaculizado por problemas mecánicos. Con todo, participou cun coche similar da Scuderia Veloce e, baixo a choiva en Lakeside, fixo unha boa carreira. Un dos espectadores era o piloto de carreiras Inglés Reg Parnell quen persuadiu a Amon para ir a Inglaterra e correr no seu equipo. En debutou na Fórmula 1. En continuou no equipo de Parnell, marchandose a Cooper onde permaneceu ata o ano seguinte, cando foi contratado por Ferrari. En 1966, en dúo con Bruce McLaren vence as 24 Horas de Le Mans. Os anos seguintes continua sen bos resultados na Fórmula 1 a pesar de ser recoñecido como un piloto rápido e de talento. En 1967 vence, en dúo con Lorenzo Bandini as 24 Horas de Daytona e as 1000 Millas de Monza. Sae de Ferrari ao final de . En corre con March e o ano seguinte pasa para Matra, coche co que consegue a súa única vitoria a bordo dun coche de Fórmula 1: o Gran Premio da Arxentina de 1971 que, por ser unha proba fóra de campionato, non entra nas estatísticas da categoría. En , coa saída da Matra das competicións o ano anterior, Amon acepta o convite de Tecno, mais o coche se mostra moi malo. Crea o seu propio equipo, pero o coche, o Amon F101, a pesar de bo potencial, móstrase pouco fiable. Ao final do mesmo ano, acepta a invitación de BRM e disputa algunhas carreiras coa mesma. En é contratado por Morris Nunn para desenvolver o coche do seu equipo, o Ensign. O ano de mostra poucos resultados, mais o ano seguinte comeza animado co 5º lugar en Bélxica e boas perspectivas en Suecia e Inglaterra, onde abandonou por problemas mecánicos. O accidente de Niki Lauda en Alemaña, aquel mesmo ano, fai que rexeite saír e acaba dimitindo de Ensign. Correu as probas finais do campionato a petición de Walter Wolf que comprara un Willians, abandonou definitivamente a Fórmula 1 ao final daquel ano.
Retirada Logo da súa retirada da F1, Amon dedicouse á traballar na granxa familiar no Distrito Manawatu de Nova Zelandia durante moitos anos. Na actualidade está xubilado e vive na cidade xunto ao lago Taupo na Illa Norte de Nova Zelandia. A principios da década de 1980 foi famoso en Nova Zelandia por ser o piloto de probas no programa de televisión Motor Show e máis tarde por aparecer en anuncios de televisión.
Amon participou no deseño para mellorar o circuíto Taupo Motorsport Park. No Festival Automobilístico de Nova Zelandia de 2011, a vida e a carreira de Amón foron honrados cunha selección dos vehículos cos que competiu, tamén se utilizou o evento para recadar fondos para a fundación Bruce McLaren. Amon volverá ser homenaxeado no festival en xaneiro de 2013.
Legado Malia non gañar ningún Gran Premio no campionato de Fórmula Un, Amon gañou oito Grandes Premios fóra de campionato, o Trofeo Internacional de Silverstone, os 1.000 km de Monza, as 24 Horas de Daytona, as Tasman Series e, quizais o máis importante de todos, as famosas 24 Horas de Le Mans (xunto a Bruce McLaren). Moitas destas carreiras atraían outros pilotos de F1 máis exitosos que Amon, a todos os cales foi capaz de superar.
Na Fórmula Un, Chris Amon participou en 96 Grandes Premios, logrando 5 poles, liderou 183 voltas en 7 carreiras, alcanzando 11 veces o podio e anotou un total de 83 puntos no Campionato. Amon ten a marca de ser o piloto de Fórmula 1 que competiu con máis marcas de coches no Campionato do Mundo, con trece. A biografía 'Forza Amon' dá algunhas ideas sobre a súa vida persoal. O libro deixa claro un punto no que o propio Amón está en desacordo coa maioría dos comentaristas, a cuestión da súa mala sorte. Amon sinalou en varias ocasións que competiu durante unha década e media na Fórmula 1 e sobreviviu algúns graves accidentes, en particular en , mentres que outros, incluíndo amigos como Bruce McLaren, sufriu lesións graves ou morreron.
Reflexionando sobre a morte de Jim Clark en , Amon dixo: "Si isto pode pasarlle a Jimmy, ¿que posibilidades temos o resto de nós?, creo que todos o sentimos. Parece que perdemos ao noso líder." En 1995, Amon foi incluído no New Zealand Sports Hall of Fame.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Pts. Reg Parnell Racing Lola Mk4A Climax V8 MONNTS BELRet NEDRet FRA7 GBR7 GERRet ITANTS USA NC 0 Lotus 24 BRM V8 MEXRet RSA Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 MONNSC NED5 BELRet FRA10 GBRRet ALERet USARet MEXRet 16º 2 Climax V8 AUTRet ITA Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 RSA MON BEL FRARet ALERet ITA USA MEX NC 0 Ian Raby Racing Brabham BT3 BRM V8 GBRNTS NED Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 MON BEL FRA8 GBR NED ALE NC 0 Chris Amon Brabham BT11 BRM V8 ITANSC USA MEX Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 RSA MON 3 NED 4 BEL 3 FRA Ret GBR 3 ALE 3 CAN 6 ITA 7 USA Ret MEX 9 4º 20 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 RSA 4 10º 10 Ferrari 312/67/68 ESP Ret MON BEL Ret Ferrari 312/68 NED 6 FRA 10 GBR 2 ALE Ret ITA Ret CAN Ret USA Ret MEX Ret Scuderia Ferrari Ferrari 312/69 Ferrari V12 RSA Ret ESP Ret MON Ret NED 3 FRA Ret GBR Ret ALE ITA CAN USA MEX 12º 4 March Engineering March 701 Cosworth V8 RSA Ret ESPRet MONRet BEL2 NEDRet FRA2 GBR5 ALERet AUT8 ITA7 CAN3 USA5 MEX4 8º 23 Equipe Matra Sports Matra MS120B Matra V12 RSA5 ESP3 MONRet NEDRet FRA5 GBRRet ALERet AUT ITA6 CAN10 USA12 11º 9 Equipe Matra Matra MS120C Matra V12 ARXDNS RSA15 ESPRet MON6 BEL6 GBR4 10º 12 Matra MS120D FRA3 ALE15 AUT5 ITARet CAN6 USA15 Martini Racing Team Tecno PA123B Tecno F12 ARX BRA RSA ESP BEL 6 MON Ret SWE FRA GBR Ret NED Ret ALE AUTNTS ITA 21º 1 Elf Team Tyrrell Tyrrell 005 Cosworth V8 CAN 10 USANTS Chris Amon Racing Amon AF101 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP Ret BEL MONNTS SWE NED FRA GBR ALE NSC AUT ITA NSC NC 0 Team Motul BRM BRM P201 BRM V12 CANNC USA 9 HB Bewaking Team Ensign Ensign N175 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT 12 ITA 12 USA NC 0 Team Ensign Ensign N174 Cosworth V8 BRA RSA 14 USW 8 ESP 5 18º 2 Ensign N176 BEL Ret MON 13 SWE Ret FRA GBR Ret ALE Ret AUT NED ITA Walter Wolf Racing Wolf-Williams FW05 CANNTS USA XPN
Resultados non de campionato (key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 1963 Reg Parnell Racing Lola Mk4A Climax V8 LOM GLV5 PAU IMO SIR AIN6 INTRet ROM SOLRet KANDNA MED AUT4 OUL RAN 1964 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 DMT5 NWT SIR5 AINRet INT5 SOLRet MED4 RAN 1965 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 ROC SIR SMT INTRet MEDRet RAN 1967 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 ROCNTS SPC INT SIR OUL ESP 1968 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 ROC4 INT3 OUL2 1969 Scuderia Ferrari Ferrari 312/69 Ferrari V12 ROC INT10 MAD OUL 1970 March Engineering March 701 Cosworth V8 ROC INT1 OUL 1971 Equipe Matra Sports Matra MS120B Matra V12 ARX1 ROC QUE4 SPR INT12 RIN OUL VIC 1972 Frank Williams Racing Cars March 721 Politoys FX3Cosworth ROC BRA INT OUL REP VICRet 1974 Chris Amon Racing Amon AF101 Cosworth V8 PRE ROC INTNTS 1975 HB Bewaking Team Ensign Ensign N175 Cosworth V8 ROC INT SUIRet 1976 Team Ensign Ensign N174 Cosworth V8 ROC5 INTNTS
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bruce McLaren Trust Official site – contains numerous articles covering Amon's racing with McLaren Trio At The Top – a documentary about Bruce McLaren, Denny Hulme and Chris Amon on NZ On Screen Chris Amon 8W-Forix; Tom Prankard; 1 de outubro de 2000
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Nova Zelandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Amon F1 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ensign Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de March Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Matra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Reg Parnell Racing Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tecno Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tyrrell Racing Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Propietarios de escuderías de Fórmula 1