O Parque Natural da Serra de Grazalema atópase no extremo máis occidental da Cordilleira Subbética, en Andalucía. Esténdese polas provincias de Cádiz e Málaga. Ten unha superficie de 53.411 hectáreas.
Trátase do lugar onde se rexistra o maior índice de pluviosidade da Península Ibérica. Nel tamén hai moitas aldeas brancas e nun dos seus extremos está a cidade de Ronda.
Flora O Parque Natural é un importante reduto para o pinsapo. Ademais pódese atopar o carballo anano, a alfarrobeira e a oliveira silvestre. É salientable a presenza da papoula de Grazalema (Papaver rupifragum), que só se atopa aquí e no norte de África.
Fauna Os mamíferos máis comúns e salientables son a cabra montesa e o corzo. Tamén se atopa o meloncillo e a xeneta. Entre as aves, nomear a choia e o merlo azul.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Oficial do parque
Grazalema, Parque Natural Serra de