O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga é un centro público de ensinanza musical da cidade de Pontevedra, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, que oferta ensinanzas dos graos elemental e profesional de música. Foi fundado en 1863 e recibe o nome actual en honor ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada.
Historia O Conservatorio de Pontevedra foi fundado en 1863, o que o converte nun dos conservatorios máis antigos que funcionan en Galiza. Dende 1992 está integrado na rede pública de conservatorios da Xunta de Galiza, impartindo os graos elemental e profesional dos plans de estudos regulados no RD 268/1966 ata a súa extinción, e o regulado no 253/1993 en vixencia e os estipulados na LOE/07 do 27 de setembro. En 2004 o Conservatorio abandonou a súa localización na céntrica rúa de Afonso XIII para trasladarse á avenida de Xoán Carlos I, no barrio da Parda da capital pontevedresa, o que supuxo o incremento da súa oferta educativa e o aumento do alumnado, aumentando en consecuencia o número de profesores e especialidades, engadindo tamén música antiga.
Especialidades O centro ten unha oferta educativa que inclúe as especialidades de canto, piano, acordeón, especialidades orquestrais de vento madeira, vento metal, instrumentos familia do violín, percusión, corda pulsada, e instrumentos de música antiga e barroca como a frauta de bico, a viola da gamba ou o clave.
Instalacións 250px|dereita|miniatura|Entrada ao edificio.
O edificio actual comprende un total de aproximadamente 3.200 m² distribuídos en catro andares, ós que se suma aparcadoiro para 26 prazas e xardíns. O centro conta coas seguintes instalacións:
27 aulas de ensino instrumental. 9 aulas de ensino non instrumental. 2 aulas de música de cámara. 1 aula polivalente. 1 aula de informática aplicada á música. 24 cabinas de estudio. 3 despachos. 1 sala de secretaría. 1 conserxería. 3 despachos destinados a usos varios (departamentos etc). Sala de profesores. Auditorio con máis de 200 localidades. Biblioteca-fonoteca. Cafetería. Aseos, cuartos de limpeza. Almacén xeral e cuartos de instalacións (no soto).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Barrio da Parda
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Institucións de ensino musical en Galicia Categoría:Institucións de ensino de Pontevedra